A fervenza do Escouridal


Ao leste da Serra do Xistral no sur do concello de Alfoz encontrase a Fervenza do Escouridal, a máis grande de toda a Galiza. O río que a forma é o Ouro, que nace a 2km ao sur no mesmo concello e que desemboca no mar Cantábrico preto de Fazouro, no concello de Foz. 

Para chegar ao lugar hai que ir pola estrada LU-P-0101 desde O Valadouro ata chegar ao pobo de San Xurxo do Cadramón onde hai que virar á esquerda no cruce que hai despois da igrexa. Neste camiño despois de percorrer uns centos de metros hai que virar na segunda bifurcación que hai á dereita, logo segues ese camiño ate chegar a poboación de Esteleiro onde tes que aparcar porque se termina o camiño asfaltado. Despois tes que cruzar o pobo e encontras unha vereda que se se segue, chégase a Fervenza. Para ir a fervenza tes dous camiños, un para ir á parte máis baixa e outro para ir ao principio. 

A Fervenza ten ao redor de 80 metros de caída case vertical. Un señor do pobo comentaba, cando fun, que coñecía a un rapaz que subía con zocas pola fervenza arriba nas festas, a modo de espectáculo. Para ir a fervenza tes dous camiños, un para ir á parte máis baixa e outro para ir ao maís alto. 

Comentarios

Publicar un comentario