Porto de Bares
O Porto de Bares é a vila máis ó norte da Galiza. Pertence ao concello de Mañón, provincia da Coruña. A súa poboación é de 100 habitantes. Encóntrase a 3km da punta Estaca de Bares, o punto máis ó norte da península Ibérica e de división entre o océano Atlántico, que tamén é unha zona de conservación da natureza. Na miña opinión é o pobo máis bonito e acolledor de toda a Galiza sen dúbida algunha, debido a que parece que está illado do mundo e ás augas de cor turquesa da súa praia que fai que semelle un paraíso. Unha parada obrigatoria se pasas pola contorna.