Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Porto de Bares

Imagen
O Porto de Bares é a vila máis ó norte da Galiza. Pertence ao concello de Mañón, provincia da Coruña. A súa poboación é de 100 habitantes. Encóntrase a 3km da punta Estaca de Bares, o punto máis ó norte da península Ibérica e de división entre o océano Atlántico, que tamén é unha zona de conservación da natureza. Na miña opinión é o pobo máis bonito e acolledor de toda a Galiza sen dúbida algunha, debido a que parece que está illado do mundo e ás augas de cor turquesa da súa praia que fai que semelle un paraíso. Unha parada obrigatoria se pasas pola contorna. 

O castelo de Narahío.

Imagen
O  Castelo de Narahío alzase sobre un promontorio no alto dunha fenda formada polo río Castro, dominando todo o val nunha paisaxe que impresiona ao visitante, no término municipal de San Sadurniño, provincia da Coruña. Para chegar a él, o más fácil é tomar o corridor que une Ferrol coas Pontes, CR-G1.1. No kilómetro 16,2 desta estrada encontramos, á dereita, a indicación de Narahio. Tomando esta estrada y seguindo as abundantes indicacións pódese chegar fácilmente. Non se coñece a data da súa construcción, e ainda que hai quen di que foi construido polos moros, o máis probable é que fose edificado a principios do século XIV. A primeira nova b en documentada que se ten deste castelo e que pertencía a Gonzalo Piñeiro, cabaleiro que estivo do lado de Pedro I el Cruel nas loitas fratricidas, polo que Enrique II o das Mercedes quitoulle da fortaleza e concedeulla a Fernán Pérez de Andrade, quen a partir de entón exerceu señorío desde ela. O señorío de Narahío, exercido polos Andra...

A fervenza do Escouridal

Imagen
Ao leste da Serra do Xistral no sur do concello de Alfoz encontrase a Fervenza do Escouridal, a máis grande de toda a Galiza. O río que a forma é o Ouro, que nace a 2km ao sur no mesmo concello e que desemboca no mar Cantábrico preto de Fazouro, no concello de Foz.  Para chegar ao lugar hai que ir pola estrada LU-P-0101 desde O Valadouro ata chegar ao pobo de San Xurxo do Cadramón onde hai que virar á esquerda no cruce que hai despois da igrexa. Neste camiño despois de percorrer uns centos de metros hai que virar na segunda bifurcación que hai á dereita, logo segues ese camiño ate chegar a poboación de Esteleiro onde tes que aparcar porque se termina o camiño asfaltado. Despois tes que cruzar o pobo e encontras unha vereda que se se segue, chégase a Fervenza.  Para ir a fervenza tes dous camiños, un para ir á parte máis baixa e outro para ir ao principio.  A Fervenza ten ao redor de 80 metros de caída case vertical. Un señor do pobo comentaba, cando fun, que coñec...